Friday 03 de May de 2024

O Centro Lustres Rivas exporá a mostra “Cor e natureza” de Constantino González


O Centro Cultural Lustres Rivas vai albergar do 8 ao 23 de febreiro unha nova exposición titulada “Cor e Natureza”, de Constantino González.

Trátase dunha selección de máis dunha trintena de obras en óleo sobre lenzo nas que as flores cobran especial protagonismo, destacando polo seu colorido e por ser un reflexo da natureza creada a partir da visión artística particular do seu autor.

Constantino González (Cenlle, Ourense, 1950) ten exposto en distintas galerías, centros culturais e outras instalacións, tanto en Venezuela (onde residiu entre os 17 e os 40 anos) como en Galicia e no país portugués.

A mostra poderá ser visitada de luns a venres de 10 a 14 e de 19 a 21 horas e os sábados de 11 a 14 horas. A entrada é gratuíta.